O Concello da Pobra, distinguido co selo de Turismo Inclusivo no Sector Pesqueiro

20 Xullo 2023

A Asociación Amicos e Fundamar presentaron no 19 de xullo os resultados do proxecto Mar de Amicos e as rutas de turismo inclusivo e accesíbel polo patrimonio pesqueiro do Barbanza. Ao abeiro deste proxecto, a área do Turismo do Concello da Pobra do Caramiñal resultou distinguida con este selo que recoñece o labor de institucións e entidades por dar a coñecer o noso litoral dun xeito integrador. No caso da Administración local pobrense enxalzáronse os obradoiros de turismo mariñeiro que promove en colaboración coa asociación Mar da Pobra, tamén recoñecida co selo no ámbito do tecido asociativo. A concelleira Estefanía Ramos foi a encargada de recoller esta distinción que xa loce na oficina do turismo pobrense (Casa Mariñeira), atendida polas técnicas municipais desta área.

No vindeiro mes de agosto terán lugar dúas xornadas de turismo mariñeiro inclusivo e accesíbel guiadas por unha persoa integrante de Amicos: días 1 e 29. Seguirase a dinámica habitual, polo cal se ofrecerá unha charla introdutoria nas inmediacións do parque do Castelo para, posteriormente, vivir a experiencia coas mariscadoras na praia dos Areos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.