O Cantón da Leña énchese de maxia e comedia ao abeiro do Verán Cultural

17 Xullo 2023

Continúa na Pobra do Caramiñal a programación do Verán Cultural que achega un total de catorce espectáculos de balde para público familiar durante a época estival. Organizada pola Concellaría da Cultura, en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, esta axenda busca “dinamizar a vida cultural do municipio durante os meses de xullo e agosto”.

Nesta semana haberá dúas actividades. A maxia será a protagonista no día 18 con Ilusiónate, mediante a cal o Mago Jorge lembra, e faille unha homenaxe, ao mundo encantado do universo de Harry Potter. Trátase dun espectáculo “asombroso, trepidante, misterioso e fascinante”, apuntan dende a Área de Cultura.

Por outra banda, Barafunda Animación traerá a comedia con Bambolina, no día 20, que versa sobre as divertidas aventuras e desventuras de dous pallasos, onde adquire unha especial relevancia a participación das persoas asistentes.

Ámbalas citas serán no Cantón da Leña, a partir das 20.30 horas, e non requiren a inscrición previa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.