O BNG faise coa Alcaldía de Muros, que encabezará María Lago nun goberno de coalición co PSOE

07 Xullo 2023

A nacionalista María Lago foi elixida este venres como nova alcaldesa do municipio coruñés de Muros grazas ao acordo subscrito a última hora polo BNG e o PSOE, que conformarán un goberno de coalición.

A voceira do BNG, María Lago, alzouze por fin co bastón da alcaldía do Concello de Muros. Foi no pleno de investidura, adiado o seu día, celebrado esta mañádo venres 7 de xullo. Lago contou cos votos do sue grupo e do PSOE, co que formará goberno de coalición sendo a teniente de alcadesa Caridad González.
O PP votouse a si mesmo como tamén fixo o único edil partido independente Muros Centrado.

“Abrimos paso a unha nova etapa para o noso concello”, sinalaba de primeiras a nova rexedora. “Pretendo ser alcaldesa de todas e para todas”.

Lago releva a Inés Monteagudo, do Partido Popular, quen deixa o cargo que asumiu en 2019 a pesar de gañar un edil respecto ao resultado de fai catro anos ata o cinco concelleiros, a dous da maioría que si alcanzaron nacionalistas e socialistas grazas a un acordo de goberno pechado a última hora do xoves.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...