O BNG esixe cubrir o médico de Corrubedo de maneira inmediata

07 Xullo 2023

Os concelleiros do BNG, Luís Pérez Barral e Cruz Rivadulla Márquez participaron da concentración en defensa do centro médico de Corrubedo xunto coa veciñanza da parroquia de Corrubedo. Os representantes públicos do BNG recriminan que lonxe de mellorar o conselleiro de Sanidade aínda eliminou máis días de atención sanitaria nesta parroquia ribeirense.

Pérez Barral tiroudos datos para retratar a preocupante realidade que se está a vivir na sanidade galega e deixar en evidencia o “teatrillo” do PP para facer ver aos cidadáns que  “aquí non pasa nada”.  O BNG non vai aceptar, dixo, que se venda como “normalidade” unha “situación de excepcionalidade permanente” e, neste sentido, referiuse aos milleiros de galegos e galegas que non teñen médico asignado, aos que se ven na obriga de agardar semanas para ter unha cita ou a todos os prexudicados polo peche dos seus consultorios de referencia.

A “radiografía da situación real” fronte as mentiras do conselleiro e do PP inclúe case 215.000 doentes que agardan por unha primeira consulta hospitalaria, 46.000 á espera dunha intervención cirúrxica ou 250.000 pendentes dunha proba diagnóstica.  “O PP non consegue tapar con propaganda a grave situación da sanidade pública, os gravísimos problemas estruturais consecuencia de 14 anos de recortes”, sentenciou Barral, que lembrou que detrás das estatísticas “hai persoas, con nomes e apelidos, que sofren pola súas doenzas”.

O candidato á Alcaldía de Ribeira, volveu pedir, entre outras cuestións, un plan de continxencia con medidas e reforzos para facer fronte á atención sanitaria na época estival, o nacionalista referiuse tamén á “realidade” do gasto sanitario e lembrou, facendo alusión a datos oficiais do Ministerio de Sanidade, que Galiza é “segunda pola cola” no investimento en Atención Primaria, ou a cuarta comunidade que menos orzamento destina a pagar ao seu persoal provocando unha fuga de profesionais.

Barral insistiu en que todas as medidas propostas polo BNG son “máis que factibles se hai vontade de investir os recursos e contratar o persoal sanitario necesario para garantir a calidade na atención á poboación”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.