Municipais 2023: Renuncia da política activa de Moisés Domínguez do PG Ribeira

12 Xullo 2023

O candidato galeguista a alcaldía de Ribeira anunciou este mércores 12 de Xullo a este medio que deixaba a política activa aludindo a diversos motivos.

Nun comunicado o ata agora líder do PG considera que cos resultados das pasadas municipais se saca a conclusión de que a maioría dos Ribeirenses preferiron optar polas opcións de sempre, sen deixar unha oportunidade a novas alternativas como a nosa, que trataban de mellorar a vida dos veciños e veciñas do noso concello. Tanto o PP como o BNG subiron en case todos os concellos de Galicia debido ao tirón nacional e mediático que tiveron, e aquí non ían ser menos, a pesar do mal que o fixeran, o que nos fai pensar que a xente vota por modas e en rabaño, algo contra o que os partidos pequenos pouco podemos facer.
Moisés Dominguez díe que se presentaron cun programa con propostas para todas as parroquias e que trataba de resolver os problemas principais da cidade, cousa que outros partidos non fixeron, e aínda así obtiveron máis votos ca nos, polo que o programa e as propostas tampouco son algo decisivo.
Na súa carta di que ” poderíamonos presentar mil e unha veces, e as mil e unha veces perderíamos.
A día de hoxe que en Galicia haxa unha cuarta forza política como a nosa, que sexa de centro galeguista e que poida ser chave en distintos gobernos é unha utopía, xa que non hai apoio social, nin financeiro, nin mediático, nin os medios humanos necesarios para poder conformalo e mentres o BNG non sexa capaz de plantarse no centro electoral e mentres non albergue no seu interior a todas as forzas galeguistas da nosa comunidade, como na década dos noventa e dos dous mil, eu creo que os galegos e galegas podemos ir esquecendo a posibilidade de que teñamos en Galicia un partido forte que sexa capaz de sacar amplas maiorías tanto a nivel municipal, como autonómico, como nacional e representar así a unha
gran parte dos galegos que hoxe en día non se ven representados por ningún partido.
Despois destas conclusións e da desesperanza xerada pola falta de apoio por parte da cidadanía nestas eleccións, tomei a decisión persoal de deixar a política activa.
Finalmente quero desexarlle a mellor sorte do mundo ao novo goberno local e darlle as gracias as 278 persoas que nos deron o seu voto de confianza nestas eleccións e trataron de optar por unha alternativa que mellorase o noso concello. Moitas gracias a todos e todas e unha aperta de parte de Moisés Domínguez Rodríguez”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.