A influencia das altas presións debilitarase lixeiramente durante esta xornada permitindo a chegada de aire atlántico cargado de humidade á metade norte de Galicia. Deste xeito, agardamos unha xornada de ceo moi nubrado nas provincias da Coruña e Lugo, mesmo con algunha chuvia feble no norte desas provincias, mentres que na metade sur os ceos permanecerán pouco nubrados ou despexados. As temperaturas mínimas experimentarán un notable ascenso, mentres que as máximas non terán cambios significativos.Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados no litoral atlántico e máis frouxos no interior.

meteogalicia
o noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 4 á mañá, 4 a 6 á tarde e 4 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e 0 a 1 metros á tarde e á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 05:25 | 3.2 m |
| Baixamar | 11:19 | 0.9 m |
| Preamar | 17:39 | 3.5 m |
| Baixamar | 23:52 | 0.8 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 05:15 | 3.2 m |
| Baixamar | 11:11 | 1.0 m |
| Preamar | 17:29 | 3.5 m |
| Baixamar | 23:45 | 0.9 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 05:21 | 3.2 m |
| Baixamar | 11:16 | 0.9 m |
| Preamar | 17:34 | 3.5 m |
| Baixamar | 23:51 | 0.8 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Cabo de Cruz Boiro
- Rianxo. Porto
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



