Este sábado comezan os “Obradoiros de Verán. Taller Alecrín” que se celebran nos concellos da comarca

14 Xullo 2023

“Obradoiros de Verán” é un programa de carácter gratuito deseñado para entidades públicas, privadas ou asociativas da contorna da Barbanza, e dirixido ao público adulto. O obxectivo xeral é a difusión e promoción do baile como actividade que fomente os hábitos saudábeis tanto a nivel individual como de parella nun contexto social e cultural.

Talleres monográficos de Linedande (Swing, Disco, Funky, Ritmos Latinos e Caribeños e Kizomba) con inscripción individual; e outros monográficos de Bailes de Salón (Tango Arxentino, Bachata, Salsa, Kizomba, Cha-cha-chá…) con inscripción en parella impartiranse en Boiro, Ribeira, Rianxo, Aguiño, Oleiros e Pobra; e onde o carácter lúdico virá reforzado polas improvisacións e xogos.

Asociación Cultural Taller Alecrín é unha entidade que dende hai máis de trinta anos segue a ser referente no ensino do baile na comunidade galega. Actualmente desenvolve as súas actividades nos concellos de Santiago, Ribeira, Pobra e Porto do Son entre as que hai que destacar os cursos regulares para adultos de: Linedance, Bailes Latinos e de Salón.

Francisco Muñiz, director do programa é Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, Xestor Cultural, e dende o ano 1986 adícase á difusión e ensinanza do baile a nivel social e deportivo. É membro fundador da recentemente creada Federación Galega de Baile Deporivo (FGBD) e, actualmente, é presidente da Asociación Cultural Taller Alecrín e do Club Deportivo Alecrín.

PROGRAMA
1.- Sábado, 15 de xullo. Presentación Restaurante Cascada. Ribeira
SBK. Salsa-Bachata-Kizomba de 21:00 a 22:00 (Inscrición en parella)
Linedance Disco de 22:00 a 23:00 (Inscrición individual)

2.- Martes, 18 de xullo de
Cuartel Vello. Rianxo
Linedance Ritmos Latinos (Inscrición individual)

3.- Mercores, 19 de xullo
Aula de Música de Aguiño. Ribeira
Linedance Ritmos Latinos. De 20:00 a 21:30 (Incrición individual)
Tango Arxentino de 21:30 a 23:00 (Inscrición en parella)

4.- Xoves, 20 de xullo
Casa da Cultura de Queiruga. Porto do Son
Linedance Disco-Swing-Funky (Inscrición individual)

5.- Venres, 21 de xullo
Centro Sociocomunitario. Pobra
Linedance Rirmos Latinos (Inscrición Individual)

6.- Sábado, 22 de xullo
Centro Social de Olreiros. Ribeira
Linedance Disco-Swing-Funky. De 20:00 a 21:30 (Incrición individual)
Ritmos Latinos de 21:30 a 23:00 (Inscrición en parella)

7.- Mercores, 26 de xullo
Aula de Música de Aguiño. Ribeira
Linedance Disco-swing-Funky (Incrición individual)

8.- Xoves, 27 de xullo
Casa da Cultura de Portosín. Porto do Son
Ritmos Latinos (Inscrición en parella)

9.- Venres, 28 de xullo
Pousada da Galiza Imaxinaria. Boiro
Linedance Disco.Swing-Funky (Inscrición individual)

10.- Sábado, 29 de xullo
Pousada da Galiza Imaxinaria. Boiro
Tango Arxentino (Inscrición en parella)

11.- Martes, 1 de agosto
Cuartel Vello. Rianxo
SBK. Salsa-Bachata-Kizomba (Inscrición en parella)

12.- Mercores, 2 de agosto
Aula de Música de Aguiño. Ribeira
Ritmos Latinos (Incrición en parella)

13.- Xoves, 3 de agosto
Casa da Cultura de Queiruga. Porto do Son
Linedance Disco-Swing-Funky (Inscrición individual)

14.- Venres, 4 agosto
Centro Sociocomunitario. Pobra
Linedance Disco-Swing-Funky (Inscrición Individual)

IMPORTANTE:
Para asistir a estos obradoiros é preciso reservar a entrada con
anticipación vía telefónica no número do Taller Alecrín.
Todos os obradoiros serán de 21:00 a 22:30 agás o sábado, 15 de xullo
(Presentación), mércores, 19 de xullo e sábado, 22 de xullo.
Podese asistir a un dos obradoiros de calquera modalidade de maneira
gratuita previa inscripción, agás os da Pousada das Ánimas que custan
10,00 € por persoa cada un.
Os socios da Asociación Cultural e Deportiva Taller Alecrín teñen a entrada
de balde en todolos obradoiros.

Outros artigos

A Garda Civil de Noia incauta 1.000 litros de gasóleo bonificado

Garda Civil A Patrulla Fiscal e de Fronteiras (PAFIF) da Garda Civil de Noia incautou 1.000 litros de Gasóleo bonificado no Polígono do Tambre. Os feitos sucederon cando os compoñentes da mencionada Unidade, que se atopaban realizando un servizo na zona, observaron a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

Non se sabe con exactitude o grao de contaminación que pode provocar en Galicia unha empresa que, como Altri (en Palas de Rei, Lugo), vai utilizar o eucalipto como materia prima a partir da que extraer fibras téxtiles; máis é evidente que existe medo ao que a...

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

No sé en que justo momento, si es que lo hubo alguna vez, perdimos el rumbo político y el social. No identifico en qué instante se distrajeron las referencias de los valores esenciales para la convivencia, para el entendimiento, para la discusión constructiva y la...