Bonn III, Cámping Ría de Arousa e Orlando lévanse a 15ª Volta a Ons

03 Xullo 2023

J.C.- A saída na enseada do Caramiñal, enfronte á praia do Areal, foi moi pelexada polo lado do comité de regatas, con algún que outro toque entre embarcacións que buscaban a mellor das posicións, incluso un fóra de liña do Bonn III, que a pesar de ter que volver á zona de pre-saída realizaba unha espectacular cinguida que lle facía chegar en primeira posición á baliza de desmarque.

Bonn III, ao pasar a baliza de desmarque, primeiro clasificado clase regata

A partir de aí, cun vento duns 10-12 nós, os barcos percorreron millas con spinnakers izados ata a illa de Ons. Ao virar no sur de Onza a frota atopouse cun nordeste moi racheado, que en momentos chegou a superar os 25 nós e que fixo que os máis pequenos de frota pasasen algúns momentos de apuro.

Xa entrando de volta na ría o vento amainaba por momentos, o que fixo que parte da frota se dese aprupado. Finalmente, o vento volveu aparecer con gran intensidade para facer que todos os barcos entrasen en meta sen dificultades.

O Bonn III recollendo o trofeo

O máximo favorito á vitoria na clase regata, o Bonn III de Víctor Carrión, demostrou que lle ten collida a medida a esta proba e do mesmo xeito que na anterior edición levouse a vitoria final por diante do Santana ́s, do Real Club de Regatas Galicia e do local Chispetrén, de Jesús Iglesias.

Na clase cruceiro-regata, unha vez máis e xa van unhas cantas, José Manuel Pombar e o seu inseparable Cámping Ría de Arousa levouse para as súas vitrinas o Faro de Ons que o acredita como o vencedor desta clase. Segundo posto para o Nahela de Víctor Manuel Álvarez, do CD Alagua da Guarda e terceira posición para un Alpha, de Manuel Nieto, que realizou unha moi boa regata deixando pola popa a embarcacións a priori favoritas como o Ziralla ou o Ronautica Mariñas.

Outro dos favoritos, o Orlando, do Ro Yacht Club, non defraudou e fíxose co primeiro posto na clase cruceiro. Segundo posto para un sorprendente Mauritania, que a pesar de sufrir nas últimas millas a causa da baixada do vento, realizou unha primeira parte de regata sobresaliente e iso valeulle para deixar no terceiro caixón do podio ao Thor II de Guillermo Varela, do CN Arousa Norte.

Camping Ria de Arousa, recollendo o trofeo de primeiro na clase crucero-regata

Ao finalizar a regata celebrouse a entrega de trofeos nas instalacións da Mariña de APobra onde a organización, despois de citarse con todos os participantes para a seguinte edición, agradeceu o apoio dos patrocinadores Clínica Dental Gonzalo Lopez Castro e Atlantic Dental Institute, así como de todos os socios do CN Arousa Norte sen os cales non se podería celebrar esta clásica proba do calendario cruceirista galego.

O Orlando recollendo o trofeo de primeiro clase cruceiro

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...