Xandre Millet ofreceu no pregón do Día do Orgullo LGTBI o testemuño das dificultades que tivo que superar

28 Xuño 2023

O salón de plenos de Ribeira viviu este mediodía o acto do Concello de Ribeira en conmemoración ao Día do Orgullo LGTBI no que o coñecido músico de Aguiño, Xandre Millet, ofreceu o pregón cun testemuño en primeira persoa acerca das dificultades vividas pola súa condición sexual ata obter o recoñecemento dos seus familiares máis próximos.
O acto, que contou entre outros con representantes dos diversos grupos da corporación saínte, estivo presidido polo alcalde en funcións Manuel Ruiz e, ademais do pregoeiro, contou tamén coa intervención da concelleira María Sampedro, encargada de introducir o evento recordando que co mesmo preténdese visibilizar a diversidade sexual e sensibilizar á cidadanía sobre os dereitos do colectivo LGTBI.


“Contar a historia dun mesmo diante das televisións e do público non vai ser fácil”, manifestou Xandre, de 24 anos, antes de explicar con profusión de detalles as “etapas complicadas” polas que tivo que pasar dende que se decatou de que “era diferente”: discusións familiares, malas notas, perda de peso, ansiedade.. ata que a axuda profesional fíxolle entender que o problema non estaba nel e “comezou diante do malo a mellor etapa”: a educación dos seus pais sobre a base da normalización da súa condición sexual.
Afirma sentirse moi orgulloso dos seus pais por ser “un exemplo claro de que os pensamentos das persoas evolucionan” e significou tamén que as vivencias de todos estes anos fixeron del “unha persoa valente e con pensamentos ben firmes”.
Non obstante alertou que aínda hoxe en día segue a sufrir situacións nas que se ve agredido verbalmente. “Algo estamos facendo mal”, dixo, e apelou a denunciar calquera acto de discriminación. “Coa vosa axuda, non nos sentiremos sós”.


Manuel Ruiz ensalzou a valentía do testimonio de Álex nun día que non se debería celebrar se a xente fora como ten que ser. “Creo que que mellor que podemos facer polos demais é que podan ser felices e para iso hai que recoñecer á xente como é”, declarou, ademais de recordar que o venres ás nove da noite haberá unha actuación na praza de España de Cristian de Samil dentro dos actos conmemorativos organizados polo Concello.
A continuación tivo lugar un faladoiro no que se reflectiu a importancia da educación para superar os prexuízos que existen na sociedade acto seguido diversos integrados do público leron as estrofas de “Os silenciados”: un tema do último disco de Xandre Millet que foi composto a raíz do asasinato na cidade da Coruña de Samuel Luiz, persoa á que o cantautor coñecía de cando estudio alí.
Para poñer punto e final, Xandre, acompañado da corista Marga, cantaron a devandita canción.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...