O sábado quedaremos nunha situación intermedia entre as altas presións ao sur da Península e a borrasca xa debilitada ao noroeste de Galicia. Agárdanse así chuvascos intermitentes, máis activos pola mañá ao oeste que se irán retirando polo leste co avance da tarde. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso e as máximas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de compoñente sur con intervalos de moderado no litoral atlántico e sendo de compoñente oeste a partir da tarde.
O domingo Galicia estará con aire cálido en superficie e aire frío en altura, polo que continuaremos con certa inestabilidade atmosférica. Deste xeito, comezarmos a xornada con nubes e claros, néboas no interior e brétemas no litoral. Co avance do día teremos nubes de evolución que deixarán chuvascos de tipo tormentoso máis probables e intensos na provincia de Lugo. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso e as máximas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de dirección variable.

meteogalicia
O noso mar: Vento do sur á mañá, do oeste á tarde e variable á noite, forza 2 a 4 á mañá, 1 a 3 á tarde e 1 a 2 á noite. Marusía á mañá, mar ovellado á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do sudoeste á mañá e á tarde e oeste á noite, con ondas de 0 a 1 metros.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 03:51 | 0.9 m |
| Preamar | 10:13 | 3.1 m |
| Baixamar | 16:11 | 1.2 m |
| Preamar | 22:33 | 3.4 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 03:43 | 0.9 m |
| Preamar | 10:03 | 3.0 m |
| Baixamar | 16:01 | 1.2 m |
| Preamar | 22:24 | 3.3 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 03:48 | 0.9 m |
| Preamar | 10:08 | 3.0 m |
| Baixamar | 16:07 | 1.2 m |
| Preamar | 22:30 | 3.3 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



