Rianxo acolle este sábado a primeira proba do I Circuíto de Piragüismo Deputación da Coruña

02 Xuño 2023

Este sábado 3 de xuño celébrase en Rianxo a primeira proba do II Circuíto de piragüismo en augas tranquilas Deputación da Coruña, a primeira das cinco probas que continuarán nos vindeiros meses en Pontedeume, Ames, Outes e As Pontes. En cada unha das regatas participarán deportistas das categorías base dos clubs da provincia, con idades comprendidas entre os 6 e os 16  anos.

A regata de Rianxo contará coa participación de 11 equipos, que suman un total de 329 deportistas, entre elas destaca o Club Ría de Betanzos, que se presenta cunha destacada participación de 64 deportistas e o Naútico Firrete, con 63 e o KDM Cabanas con 29 deportistas.

A regata terá lugar nas inmediacións da lonxa de Rianxo ás 15.00 horas para as categorías prebenxamín e prolongarase ata as 18.00 horas, cando está prevista a saída dos cadetes.

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, destacou “o éxito de convocatoria, con máis de 300 deportstas inscritos na primeira regata, que demostra que esta nova do circuíto de piragüismo da Deputación está xerando unha elevada expectación entre os deportistas e clubs de piragüismo da provincia”.

Esta competición organízase nun sistema de circuíto integrado por cinco regatas, que terán lugar na provincia da Coruña. Establécense clasificacións individuais e por equipos para cada regata, e unha clasificación final do circuíto por equipos. En cada regata entréganse medallas ou trofeo ás tres primeiras/os clasificadas/os de cada categoría e modalidade, ademais de trofeos aos tres primeiros clubs.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.