“Poñer o atún no seu sitio: comunidade, nación internacional”. Antón Luaces

09 Xuño 2023

O atún é, nos últimos tempos, motivo do interese internacional con derivadas ben apreciadas e específicas en Galicia e España onde, pola vía directa ou a indirecta, o atún é peza sumamente apreciada. 

Bermeo (País Basco), Manta (Ecuador), Port Victoria (Seychelles), Pago Pago (Samoa Americana). Concarneau (Francia). Majuro (Illas Marshall) e General Santos (Filipinas) conforman desde o pasado 2 de maio a alianza mundial de capitais do atún pola sustentabilidade. Unha alianza á que se dou pulo desde a vila biscaína de Bermeo que compromete desde os catro puntos cardinais unha alianza global que compromete a eses sete portos pesqueiros na importante tarefa da pesca e a transformación do atún, poñendo en xogo aparellos, dixitalización, tecnoloxía, alianzas coñecemento do medio… disposición para traballar xuntos desde a realidade e sen prexuizos.

O sector atuneiro está presente nun total de 90 países nos que xera un moi importante número de empregos e, nomeadamente, tentan que o sector evolúa cara  a posicións máis sustentables. 

A pesca do atún xera importantes beneficios para cada unha da sete cidade asinantes do acordo citado. No caso de Bermeo, a frota da vila realiza o 10% de todas as capturas mundiais, xerando na localidade basca máis de 6.000 empregos directos e indirectos (tanto no ámbito extractivo como en numerosas industrias conserveiras).

Dada a importancia deste segmento da pesca, é de salientar que cada ano se capturan ilegalmente entre 11 e 26 millóns de toneladas dese peixe, o que provoca perdas anuais para a economía mundial de entre 8,9 e 20,8 millóns de euros.

No Grove, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, referiuse este venres á empresa galega Antulo pola economía circular, a industria 4.0 e a descarbonización, compromisos que a cosolidan, dixo, como paradigma da industria de comercialización e transformación  de produtos do mar   a nivel nacional e internacional e felicitou á compañía pola nova fábrica do Grove, que va procesar cabezas de atún coa fin de obter aceite deste peixe neutralizado para consumo humano.

É este un proxecto pioneiro sen precedentes en ningún outro país, dixo a conselleira,  que pretende un maior aproveitamento da materia prima, apostando asimesmo pola eficiencia enerxética xa que logo no seu proceso vai usarse principalmente enerxía fotovoltáica. A totalidade desta produción vai exportarse a Xapón. 

Trátase dunha iniciativa que foi posible grazas ao acordo técnico-comercial acadado entre o grupo galego e a multinacional xaponesa Nissui, mediante o que, como xa queda explicitado, a totalidade desta produción vai ser exportada a Xapón.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...