O vindeiro 10 de xuño inaugúrase en Palmeira a escultura de Soledad Penalta que servirá de homenaxe a Plácido Betanzos

03 Xuño 2023

A Comisión de Homenaxe a Plácido Betanzos informou de que o vindeiro sábado, día 10 de xuño ás 19:00h, en Palmeira, inaugurará a escultura de homenaxe ao político, profesor e escritor que leva o nome da devandita entidade, falecido en xuño de 2018. Trátase da obra Aperta. Homenaxe á Concordia, da artista noiesa Soledad Penalta, unha das escultoras máis reputadas do Estado español, recoñecida internacionalmente e académica numeraria da Real Academia de Belas Artes entre outros cargos e distincións que se recollen no seu extenso currículo.

Plácido Betanzos nunha imaxe do xa desaparecido xornal dixital Loqueyotedigo

A comisión fai unha avance do acto de inauguración e nel, no avance, indícase o seguinte:

“Pasaron xa cinco anos daquel 2 de xuño do 2018, no que quedamos sen a presenza do amigo Plácido. Moitas foron as mostras de afecto , que a súa figura espertou, algunhas das cales se plasmaron en sentidos artigos publicados nos medios en recordo do camarada. Froito dese cariño e recoñecemento, naceu esta comisión, formada por xente de diversos ámbitos, pero cun nexo común, o amor e amizade polo camarada Plácido. Un grupo de amigos e amigas, que nos unimos para que a súa figura e eses valores que atesourou en vida non quedaran esquecidos, e perduraran na nosa memoria. Pero nada poderiamos conseguir se non contásemos coa colaboración de todos os que contribuíron ao éxito do noso empeño. Vaia por diante a nosa sincera gratitude ao alcalde, Manuel Ruiz Rivas, á Corporación municipal, aos partidos políticos que nos apoiaron, á Deputación Provincial, á Mancomunidade Arousa Norte, ás asociacións culturais, así como a todos os amigos e veciñanza que nos animaron e impulsaron na nosa tarefa. Grazas!

Estamos na recta final, e este próximo día 10, esta comisión disolverase, coa doce satisfacción de ter culminado con éxito os nosos obxectivos.

Antes, queremos facervos un chamamento, unha invitación cordial para que xuntos-as compartamos este acto final, da inauguración de Aperta no que intervirán, Unai González, membro da comisión, Pepe A. Castrelo, historiador de Palmeira, Soledad Penalta, artista e creadora da escultura, Sofía Betanzos, filla de Plácido, Maria Carmen García, presidenta da Comisión e Manuel Ruiz Rivas, alcalde de Ribeira en funcións; no que contaremos coa participación dun grupo de música tradicional galega”.

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.