O profesor Henrique Neira gaña o premio Vicente Risco de ciencias sociais

11 Xuño 2023

O xornalista, profesor e colaborador habitaul de Código Cero e O Barbanza, Henrique Neira, fixo un relatorio sobre a contribución dos galegos ao avance das máquinas calculadoras, da programación informática, da robótica, dos satélites e da intelixencia artificial.

Do aritmómetro á computación cuántica. Como as máquinas de cálculo, informáticas, robóticas e de comunicación transformaron Galicia nun século e medio é o nome do traballo de Henrique Manuel Neira Pereira co que vén de gañar o premio Vicente Risco de ciencias sociais. Neira, doutor en Xornalismo, traballa como profesor de Lingua e Literatura Galega no IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela. O xurado valorou que se trate dunha historia que aposta pola modernidade e o futuro desde Galicia. É unha panorámica da contribución das galegas e galegos ao avance das máquinas calculadoras, da programación informática, da robótica, dos satélites e da intelixencia artificial. Todo isto encadrado con abondosas referencias literarias. Na mesma convocatoria levou un accésit o traballo Sobreviver na palabra escrita á trajectória.

O xurado estivo integrado por Teresa Devesa, en representación do Concello de Allariz; Manoel Carrete, polo de Castro Caldelas; Xaquín Vázquez, polo de Melide; Xavier Limia, pola Deputación de Ourense; Carmen Villarino pola Universidade de Santiago de Compostela; Xosé Henrique Costas, da Universidade de Vigo; e Isabel Mociño, pola Fundación Vicente Risco. Tiveron que escoller entre dez traballos presentados, dos que destacaron o alto nivel de calidade.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.