Hoxe venres 30 de xuño comezan as agardadas Festas do Verán de Boiro 2023. Farano oficialmente co pregón da noitiña, contra as 22.00 horas na praza de Galicia, no que intervirán José Ramón Romero, alcalde e máis María Outeiral, concelleira de Cultura. O pregón, como boa parte das actividades previstas, correrá a cargo do tecido cultural boirense. O acto estará presentado pola reporteira Noelia Rey.
Un programa para todos os públicos
O Concello de Boiro celebra as súas Festas do Verán de 2023 entre o 30 de xuño e o 5 de xullo e faino “cunha programación para todos os públicos” e poñendo o foco no tecido cultural local, que será homenaxeado nesta edición a través dun número especial de tributo da revista Folía. O programa de actividades está composto por músicos locais, grupos de musica tradicional galega, orquestras, tributos e concertos de renome. Tamén haberá xantares populares, ruadas, teatro e circo para os máis pequenos.
Como anunciamos os días pasados, o grupo Camela será o prato forte das festas do verán, cun concerto que será de pago e que ten dispoñíbeis as entradas dende o pasado 15 de xuño. Todas as demais actuacións e concertos serán gratuítos e no cartel destacan tamén Mikel Erentxun, Amy Winehouse Band, Fillas de Cassandra, Catuxa Salom, Mondra, Quinkillada, Aliboria, O Rabelo, High Paw e Xosé Lois Romero.
En canto a orquestras non faltarán a Panorama, París de Noia, Marbella, New York, Players, TNT e La Principal. Tamén haberá concertos de Broken Peach, Leite con Jalletas, Astray, O Ghalegho, Bony Drill, The Cuncas e Brigadiers.
En canto aos grupos de tradicional estarán Abeloura, Aroña, o grupo de baile de Abanqueiro, Xilbarbeira, Lumieira, Nunca é Tarde, Os Pequenos do Barbansa, A Dorniña, As da Boina, Arume, Caraveiros, AR de Loureda, Trobeiros da Ponte e a Banda de Música.
Haberá tamén sesións DJ con DJ Matrek, DJ Jacobo, DJ Places, Marcos Magán, DJ Neil, Tito Maverick, Mateo Abelleira, Bruno DJ e Rasca&Pincha e tamén espectáculos infantís con Teatro Ghazafellos, Circo Chosco, Nauta Teatro e Espectáculo piromusical e de danza.

Venres 30 de xuño
20.00h – foguetes dando comezo ás Festas de Boiro
20.00h – ruada coa charanga T.N.T. pola rúa peonil
22.00h – pregón en homenaxe ao TECIDO CULTURAL BOIRENSE na praza do Concello
23.00h – orquestra LA PRINCIPAL na Praza de Galicia
23.00h – FAMILIA CAAMAGNO na Praza do Centro Social
23.00h – REMEMBER FEST das Peñas no Parque da Cachada con DJ Xacobo, DJ Places, DJ Neil e Marcos Magán
Sábado 1 de xullo
10.00h – alborada a cargo de PEQUENOS DO BARBANSA
11.00h – FESTA DA MALLA no Parque da Cachada con XOGOS TRADICIONAIS, XILBARBEIRA, ABELOURA, AROÑA, ABANQUEIRO, CARAVEIROS, LUMIEIRA, ARUME, O AR DE LOUREDA, PEQUENOS DO BARBANSA, SALGUEIRIÑOS
13.00h – xantar popular ca FESTA DA ORELLA DA BOLIÑA
18.00h – PASABARES TRADICIONAL por Boiro
23.00h – A QUINKILLADA na Praza do Centro Social
23.00h – MIKEL ERENTXUN na Praza de Galicia
00.30h – TRIBUTO a ELTON JOHN na Praza de Galicia
Domingo 2 de xullo
10.00h – alborada con o AR DE LOUREDA
12.00h – FANFARRIA BREGADIERS polas rúas de Boiro
13.30h – THE CUNCAS na rúa Peonil
19.00h – BANDA DE MÚSICA na Praza do Centro Social
20.00h – TROBEIROS DA PONTE (Boleros) na Praza do Centro Social
21.30h – THE AMY WINEHOUSE BAND Praza de A Negral
22.00h – orquestra PLAYERS na Praza do Concello
24.00h – FOGOS DE ARTIFICIO na Praia de Barraña (espectáculo piromusical e de danza cas agrupacións de ballet e baile tradicional do concello)
01.00h – Orquestra NEW YORK na Praza de Galicia
Luns 3 de xullo
10.00h – alborada con ARUME
12.00h – sesión Vermú con AS DA BOINA
12.00h – teatro infantil GHAZAFELLOS na praza do Centro Social
12.00h – peñas infantil con inchábeis e xogos no parque da Cachada
12.00h – FESTA DAS PEÑAS, festa da auga e sesión musical na Cachada
14.00h – sesión vermú Peñas con LEITE CON JALLETAS
17.00h – Tardeo Peñas con EUPHORIA DISCO SHOW (DJs Tito Maverick, Mateo Abelleira e Bruno deejay)
22.00h – XOSÉ LOIS ROMERO E ALIBORIA na Praza de Galicia
23.00h – CATUXA SALOM + Rasca&Pincha djs na praza do Centro Social
23:30h – orquestra MARBELLA na Praza de Galicia
Martes 4 de xullo
10.00h – alborada con ARUME
12.00h – sesión vermú con A DORNIÑA polas rúas de Boiro
12.00h – CIRCO CHOSCO espectáculo infantil no Parque da Cachada
22.30h – FILLAS DE CASSANDRA+ MONDRA na Praza do Centro Social
22.30h – orquestra PARÍS DE NOIA na Praza de Galicia
24.00h – BROKEN PEACH na Praza de Galicia
Mércores 5 de xullo
10.00h – alborada con ARUME
12.00h – sesión vermú con NUNCA É TARDE
12.00h – Nauta TEATRO familiar no Parque da Cachada
18.00h – TURBINA en festas na Praza do Centro Social (micro aberto + Bony Drill + Jallejo + Astray + DJ Mateo)
22.00h – O RABELO & HIGWPAW na Praza do Centro Social
22.00h – CAMELA na Praza de A Negral
22.30h – Dj Matrek na Praza de Galicia
23.00h – PANORAMA na Praza de Galicia
02.00h – Dj MATREK SHOW con artistas convidadas



