O documental Doe O Courel proxectarase na Pobra no 10 de xuño

05 Xuño 2023

Xacobe Meléndrez Fassbender é o director dun documental que afonda sobre o grande incendio que arrasou máis de 13 000 hectáreas dunhas das xoias botánicas e paisaxísticas de Galicia en 2022. Nesta peza audiovisual, dúas persoas que o viviron en primeira persoa, Sonia e Óscar, relatan as súas respectivas experiencias e o que sentiron ante esta catástrofe medioambiental.

Agora, Doe O Courel chega ao público pobrense nunha presentación-proxección-debate que terá lugar no sábado 10 de xuño, ás 20.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.

Trátase dunha actividade que pon o foco nos lumes forestais que asolagan o territorio galego cada ano, segundo explica a concelleira do Medio Ambiente en funcións, Genoveva Hermo; “unha realidade da cal a comarca do Barbanza non se ve excluída”. A edil fai fincapé “na importancia de seguir avanzando cara á prevención a través da sensibilización e o debate social”.

Se ben está aberta á cidadanía en xeral, o público destinatario específico son as comunidades de montes, propietarias de terreos, habitantes de núcleos pegados a masas forestais, a Protección Civil, axentes forestais, brigadistas do lumes, a Policía local, a Administración local e as persoas usuarias do monte.

O acceso é libre ata completar a cabida da instalación municipal.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.