O Concello de Boiro recibe unha subvención para o persoal museístico de Goiáns e do Centro Arqueolóxico durante o ano 2023

22 Xuño 2023


O Concello de Boiro recibiu unha subvención da Deputación da Coruña para financiar os gastos de persoal técnico para a atención a museos e centros museísticos durante o ano 2023. O importe total da subvención ascende aos 40.000 euros que se destinaran ao financiamento do persoal técnico.

O Centro Arqueolóxico do Barbanza nos Castros de Neixón (Boiro)

No marco deste programa o Concello de Boiro solicitou a subvención para o mantemento do persoal técnico para o Pazo de Goiáns e para o Centro Arqueolóxico do Barbanza. O obxectivo desta subvención é potenciar ambos os dous centros culturais municipais con actividades e visitas que permitan coñecer os valores culturais e patrimoniais de cada un deles.

O Servizo de Acción Social, Cultura e Deportes da Deputación da Coruña convoca este programa de subvencións a concellos e entidades locais para financiar os gastos de persoal técnico para a atención a museos e centros museísticos durante o ano 2023.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.