O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación de quince socorristas

01 Xuño 2023


O Concello de Boiro convocou un proceso selectivo para a contratación de quince socorristas acuáticos en espazos naturais. As persoas interesadas en formar parte deste proceso deberán inscribirse na oficina de emprego do SEPE ata o vindeiro día 5 de xuño.

Segundo explicou o Concello, o sistema de acceso será mediante oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal. “As funcións a realizar serán de prevención e vixilancia, primeiros auxilios, velar polo respecto das zonas de baño e informar de prácticas inadecuadas ou atender aos usuarios da praia e prestar axuda a persoas indispostas”, engadiron fontes do Consistorio.

Nas bases especifícase que as persoas candidatas deberán pertencer a calquera dos estados asinantes do Tratado da Unión Europea, ter cumpridos os 18 anos e non superar a idade máxima de xubilación forzosa, non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo, non estar afectado por motivos de incompatibilidade, non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública, estar en posesión do titulo de graduado en educación secundaria obrigatoria e estar inscrito no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para a contratación dos socorristas acuáticos o Concello de Boiro conta co financiamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia mediante as subvencións para o fomento de emprego e mellora da empregabilidade.

As bases e toda a información sobre o proceso selectivo están a disposición das persoas interesadas na web municipal.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.