O bus da formación dixital de Xeración D recala este 21 de xuño en Boiro (até o venres)

20 Xuño 2023

A partir deste mércores e até o venres 23 de xuño o espazo itinerante Únete a la Generación D, cada día somos más visitará a localidade de Boiro. Trátase dunha iniciativa abeirada ao catálogo de actuacións en materia de competencias dixitais do Pacto Pola Xeración D, da cal forma parte a Asociación Boirense de Empresarios (ABE). Previamente o itinerario fixo unha parada en Rianxo.

A unidade móbil estará situada diante do Concello, na praza de Galicia, e pode acudir calquera persoa que este interesada en mellorar as súas competencias dixitais.

Esta experiencia ofrece aos usuarios unha longa listaxe de de recursos e orientación para o sinxelo desenvolvemento dos seus coñecementos tecnolóxicos, aplicábeis a todos os ámbitos da vida tanto laborais como persoais. En concreto, os asistentes recibirán orientación e recursos de mellora no relativo a múltiples aspectos da vida diaria, como procuras en Internet, redes sociais, ciberseguridade, xestións en liña, etc…

Tecnoloxía inmersiva

A unidade móbil está equipada con tecnoloxía inmersiva que convida a participar nunha serie de actividades prácticas para fomentar e incentivar o desenvolvemento das competencias TIC. A visita comeza cun test autodiagnóstico que permite a cada visitante coñecer o seu nivel de madureza dixital, e con estes resultados as persoas participantes enfrontaranse a xogos e actividades do máis variado e de todos os niveis: dende aprender a realizar unha procura óptima na Internet ata fuxir das fake news, optimizar o uso das súas redes sociais ou xestionar a súa identidade dixital.

A ABE lembra que “estes resultados tamén serven para personalizar a experiencia e poñer a disposición dos asistentes mancheas de cursos, formacións ou obradoiros que se celebrarán noutras ocasións nas entidades adheridas ó pacto pola Xeración D”, como é o caso de ABE.

A quen vai dirixido?

Os obradoiros, xogos e actividades están pensados para que toda a cidadanía participe na experiencia, con especial atención a desempregados, mulleres maiores de 45 anos, séniors…

A experiencia é totalmente de balde e ten unha duración aproximada duns 30-40 minutos.

As persoas interesadas en asistir poden reservar a súa praza a través de www.abe.gal.

Motivación

O autobús contará cunha sala de escape na que os usuarios terán que poñer en práctica o aprendido se queren resolver o xogo e lograr saír da sala. Para aqueles que queiran aprender da man de formadores profesionais, nas unidades impartiranse obradoiros grupais e mesas redondas ao redor da actualidade dixital.

Achégase tamén, a xeito de elemento motivador, o engadido extra de acumular puntos: segundo o número de usuarios que interactúen no autobús, a localidade conseguirá posicionarse no posto número un da clasificación xeral de municipios de España. O municipio que máis puntos obteña terá premio.

Durante os meses de xuño e xullo os autobuses de Xeración D farán parada en horario de luns a xoves de 10.00 a 13:30h e de 17.00 a 20:30h, os venres e sábados de 10:00h a 13:00h e de 17.00 a 21:00h en:

– Santiago de Compostela

– Rianxo

– Boiro

– Carballo

– Santa Comba

– Arteixo

– Culleredo

– A Coruña

– Oleiros

– Sada

– Betanzos

– Fene

– Ferrol

– As Pontes de García Rodríguez

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.