O autobús da campaña itinerante “Xeración D” fai parada este luns en Rianxo

17 Xuño 2023

O autobús de Xeración D fai parada esta vindeira semana en Rianxo. Faino con xogos e actividades didácticas, totalmente gratuítos, que axudarán á veciñanza a potenciar a dixitalización e poñer freo á fenda dixital.

O autobús parará en Setefogas os días 19 e 20 de xuño de 10 a 13.30 e de 17 a 20.30 h.

A continuación (os días vindeiros) fará parada tamén en Boiro.

A frota de Xeración D, formada por seis autobuses, desprégase pola provincia da Coruña coa finalidade de desenvolver e mellorar as competencias dixitais da cidadanía, aprender a sacar partido das oportunidades da dixitalización e coñecer novas ferramentas. As persoas visitantes das diferentes unidades móbiles poderán poñer a proba os seus coñecementos na materia a través dunha experiencia dixital inmersiva.

Tocaranse temas como os buscadores da Internet, as redes sociais, a ciberseguridade ou as xestións online, todo ilustrado a través dunha manchea de recursos e orientación para o sinxelo desenvolvemento das competencias dixitais. As actividades son totalmente gratuítas e teñen unha duración aproximada duns 30 – 40 minutos.

O interior da unidade móbil está equipado con tecnoloxía inmersiva que convida a participar nunha serie de actividades prácticas para fomentar e incentivar o desenvolvemento das competencias dixitais. “A experiencia”, explican dende, “é completamente personalizada e axústase ás necesidades de cada usuario, por iso o visitante comezará enfrontándose a un test autodiagnóstico que permitirá coñecer o seu nivel de coñecemento dixital para despois superar xogos e actividades variadas e de todos os niveis: desde aprender a realizar unha procura óptima na internet ata fuxir das fake news, optimizar o uso das redes sociais ou xestionar a túa identidade dixital”.

Ademais, o autobús contará cunha sala de escape na que os usuarios terán que poñer en práctica o aprendido se queren resolver o xogo e lograr saír da sala. Para aqueles que queiran aprender da man de formadores profesionais, nas unidades impartiranse obradoiros grupais e mesas redondas ao redor da actualidade dixital.

Achégase tamén, a xeito de elemento motivador, o engadido extra de acumular puntos: segundo o número de usuarios que interactúen no autobús, a localidade conseguirá posicionarse no posto número un da clasificación xeral de municipios de España. O municipio que máis puntos obteña terá premio.

Durante os meses de xuño e xullo os autobuses de Xeración D farán parada en horario de luns a xoves de 10.00 a 13:30h e de 17.00 a 20:30h, os venres e sábados de 10:00h a 13:00h e de 17.00 a 21:00h en:

– Santiago de Compostela

– Rianxo

– Boiro

– Carballo

– Santa Comba

– Arteixo

– Culleredo

– A Coruña

– Oleiros

– Sada

– Betanzos

– Fene

– Ferrol

– As Pontes de García Rodríguez

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.