A Asociación de Mulleres do Barbanza (Mulleres en Acción), ante “a cantidade de asasinatos machistas que seguen a producirse de maneira continuada no noso país”, programou para este sábado 3 de xuño, en Ribeira, unha mobilización en homenaxe ás vítimas e como nova mostra de repulsa pola lacra da violencia.
“Será un pequeno acto en recordo das vítimas, que levaremos a cabo o vindeiro este sábado ás 13.00 horas na praza do Concello de Ribeira, diante da columna das Vidas Fendidas”, explican dende a asociación, ao tempo que fan un chamamento á cidadanía do Barbanza para participar no acto.
Dende Mulleres en Acción tamén mostraron a súa intención de repetir esta mobilización reivindicativa todos os primeiros sábados de mes no mesmo sitio e á mesma hora. “Mentres siga a haber asasinadas, comparte con nós uns minutos, para non esquecelas”, engaden.




