O Concello de Rianxo e a empresa concesionaria do complexo da Piscina Municipal, BeOne Fitness & Sport, prepararon para este venres 30 de xuño unha xornada festiva coa que dar a benvida ao verán con actividades para toda a familia.
O programa preséntase completo e variado, e inclúe unha exhibición da escola natación infantil (ás 19:00 h) e inchábeis (dende os catro anos) e multideporte con actividades infantís (dende os cinco anos) ás 20.00 horas.
Tamén está programada unha actividade de exercicio en clave colectiva (un global work para tonificar a musculatura de xeito equilibrado) ás 20.00 horas, unha demostración de dance ás 20.45 horas e, para rematar, un capítulo de body balance (exercicios físicos de intensidade suave que combinan ioga, pilates, taichí e outras disciplinas co obxectivo de relatar mente e corpo). Quen precise máis información sobre a xornada pode acudir á recepción da Piscina Municipal ou ao Servizo de Deportes.




