Cáritas e ICE Renovación reciben os máis de 9.000 euros recadados por CONGALSA na súa Andaina Solidaria 2023

22 Xuño 2023

O persoal directivo da empresa pobrense CONGALSA fixo entrega este xoves 22 de xuño dos fondos recadados pola firma alimentaria no marco do seu VIII Andaina Solidaria, que tivo lugar o pasado domingo en Boiro, concretamente na contorna de Cabo de Cruz. As destinatarias foron dúas entidades sociais da comarca do Barbanza, concretamente Cáritas e ICE Renovación.

Lembrar que na Andaina participaron 280 persoas e a compañía, como é tradición, converteu a euros os quilómetros percorridos polos participantes (10 km), multiplicando o seu resultado final por tres, o que xerou unha cifra de 8.400 euros. A esta cantidade hai que sumarlle os máis de 800 euros que se recadaron a través da web da andaina, mediante as inscricións dos participantes e a adquisición dos dorsais 0 por parte de persoas que non participaron directamente na iniciativa, pero si quixeron contribuír á mesma.

Deste xeito, a cifra total recadada por CONGALSA no marco da súa camiñada solidaria alcanzou os 9.240 euros, unha cantidade que se repartiu e doou entre dúas ONG comarcais coas que a empresa mantén unha estreita colaboración: Cáritas e ICE Renovación.

En paralelo, a empresa con sede principal no Polígono da Tomada recolleu 400 de quilos de alimentos non perecedoiros doados polos participantes na camiñada, que foron entregados o propio día da andaina a ICE Renovación Ribeira, unha entidade que traballa directamente apoiando a persoas e colectivos en risco de exclusión social.

Satisfacción coa iniciativa

Durante o acto celebrado onda representantes do tecido social do Barbanza, a directora de Relacións Externas de CONGALSA, Isabel Cañas, mostrou a satisfacción da compañía co resultado obtido pola VIII edición da Andaina Solidaria, “unha cita que se converteu xa en fixa dentro da axenda anual de compromisos de responsabilidade social da nosa empresa”. Cañas destacou que a iniciativa “recuperou este ano o seu carácter integramente presencial” e agradeceu o respaldo de “todos os participantes, que conseguiron que a iniciativa volvese a ser un éxito, así como a colaboración do Concello de Boiro no desenvolvemento da mesma”. Así mesmo agradeceu a voluntarios de Cáritas e ICE Renovación a súa participación na camiñada, “así como aos membros de todas as entidades que nos/nos acompañaron tal como Ámbar, Amicos, Anedia, Club de Remo Puebla, Malamia, Club Voleibol Ribeira ou Asociación Cultural Alberto Romero, entre outras”, concluíu Canas.

En representación das entidades sociais do Barbanza acudiron ao acto Turi Torres, Andrés Gago, Juan Luis Pérez, María José Ordóñez, Dolores Álvarez e Manuel Mirás, por parte de Cáritas, e José Urbano Mariño e Jonathan Figueirido, de ICE Renovación Ribeira.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...