Ángeles Sanjurjo amosa na Pobra un universo simbólico a través da exposición Abstracto

12 Xuño 2023

Un total de 65 cadros integra a nova exposición que alberga a Casa da Cultura Raquel Fernández Soler (A Pobra do Caramiñal) ata o día 12 de xullo. Baixo o título Abstracto, Ángeles Sanjurjo López constrúe un universo simbólico, para o cal explora diferentes técnicas como a acuarela, a tinta chinesa, a acrílica ou a colaxe.

Durante o acto de apertura realizado na tarde do 9 de xuño, a artista estivo acompañada pola concelleira da Cultura en funcións da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo, ademais de contar cunha intervención musical.

A sala permanece aberta de luns a venres, en horario de 10.30 a 13.30 e de 19.00 a 21.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.