Ambar abre este venres as inscricións para a novena Carreira pola Diversidade

07 Xuño 2023


Este venres 9 de xuño ábrese o período de inscricións para a 9ª Carreira pola Diversidade da Asociación
Ambar das persoas con Diversidade Funcional. A competición solidaria será o domingo 9 de xullo de
2023 ás 10:00h na explanada de Coroso, en Ribeira. Trátase dun evento promovido pola entidade con sede principal en Ribeira que pon en valor a práctica deportiva das persoas con diversidade funcional, “visibilizando as categorías inclusivas e ofrecendo un acontecemento participativo”. Segundo informan fontes de Ambar, a carreira contará coas modalidades de 5km absoluta, zapatilla inclusiva, cadeiras de atletismo e hand bike. Despois da proba xeral comezará a quenda das probas infantís por grupos de idade.

Ademais, todas aquelas persoas que non poidan participar nas modalidades ofertadas e desexen colaborar coa entidade poderán facelo a través do Dorsal 0, unha cota solidaria para apoiar as iniciativas da entidade.

Inscricións

As inscricións poderán realizarse dende este venres en cronotec.es ata esgotar prazas ou no seu
defecto ata o 5 de xullo ás 23:59h. Nesta mesma páxina pódese inscribir ós máis cativos na proba infantil, e colaborar co dorsal 0. Ademais este ano estréase a categoría de andaina con mascotas.

A cota de inscrición é de 7€, agás na proba infantil que é gratuíta.

As modalidades de inscrición son as seguintes:

-Modalidade Absoluta mixta 5km.

-Modalidade Inclusiva 5km. Poderán inscribirse nesta categoría todas as persoas con diversidade intelectual, sensorial ou motriz que non se inclúan en ningunha das outras modalidades. Handbike e cadeira de atletismo.

-Andaina con ou sen mascotas 3,3 km.

-Proba infantil, nenas e nenos dos 0 ós 15 anos.

Sobre a Carreira pola diversidade
A Carreira da Diversidade naceu no 2015. A proba supuxo todo un avance na comarca ao tratarse dunha competición inclusiva que incluía as modalidades handbike e cadeira de atletismo, excluídas na maioría das probas de Galicia.

Mila López Vernet, Álvaro Illobre, Álex Ferradás e José Manuel de la Iglesia, deportistas paralímpicos, son asiduos á competición dende os seus inicios. Así mesmo para a promoción da carreira nas diferentes anualidades Ambar contou co respaldo de grandes atletas e deportistas como Desirée Vila, Fabián Roncero, Jesús de la Osa, Fernando Romay, Killian Jornet, Marta Arce, Sabela Pensado, Alberto Boo e Carlos Brión.

Outros artigos

Este venres recala en Boiro “Deadpan Karaoke” de Ibuprofeno Teatro

A Casa da Cultura de Boiro vai dar acollida este venres 26 de abril á representación teatral de Deadpan Karaoke, a cargo de Ibuprofeno Teatro, a partir das 21.00 horas. As entradas estarán á venda dende unha hora antes da función na billeteira. Trátase dunha peza para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...