A Pobra reivindica o seu alicerce mariñeiro na Semana do Mar

29 Xuño 2023

O vínculo da Pobra do Caramiñal co eido marítimo exaltarase nunha nova edición da Semana do Mar que se desenvolverá como xa é costume no mes de xullo. A Concellaría do Turismo deseñou un programa para se mergullar de cheo na tradición mariñeira con propostas para tódolos públicos, segundo anunciou o alcalde en funcións, Xosé Lois Piñeiro, acompañado pola técnica municipal do Turismo, Sara Sánchez.

Máis de corenta postos de artesanía e alimentación integran a feira coa cal arranca esta convocatoria que se desenvolverá nos días 7, 8 e 9. A acción concentrarase nas inmediacións do Cantón da Leña, da praza Victoriano García Martí, das rúas Unión e do Estremo, e dos Xardíns Valle-Inclán, que se engalanarán con temática náutica para facer máis auténtica a experiencia. A animación incrementarase nestes espazos con numerosos espectáculos itinerantes para tódalas idades, ademais de habilitar unha área exclusiva para o divertimento das crianzas.

A compoñente deportiva desta axenda virá marcada por unha visita ao Club Remo Puebla para probar a remar nun batel, no día 11. Establécese como punto de encontro a oficina de información turística (Casa Mariñeira), situada no parque do Castelo, ás 11.00 horas.

O día 13 celebrarase unha xornada de turismo mariñeiro na praia dos Raposiños. A expedición sairá ás 09.00 horas dende a referida instalación municipal. Trátase da única actividade pola cal haberá que pagar: 12 euros por persoa adulta e de balde para menores de 10 anos.

No día 15 viaxarase ao pasado para explorar a memoria e as historias da cultura do mar no municipio, a través dun itinerario guiado por Manuel Gago. Partirá ás 10.30 horas do aparcadoiro de San Lázaro, a carón da farmacia.

E, nesa mesma tarde, representarase a peza teatral infantil O peirao, a cargo de Diáspora Teatro. Será ás 20.30 horas, no Cantón da Leña.

Agás o mercado mariñeiro e a función, o resto da programación está suxeita a grupos limitados, polo cal é necesaria a inscrición previa. Para tal fin, habilítanse diferentes vías: de maneira presencial na propia oficina do turismo, no enderezo electrónico turismo@apobra.gal ou telefonicamente no 981843280 (marcando a extensión 2035), 687482835 e 671090262.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.