35 alumnas e tres figurantes participarán en Ribeira no festival de curso da Escola Municipal de Ballet

07 Xuño 2023

Fairy Doll é o espectáculo elixido para celebrar o tradicional festival fin de curso da Escola Municipal de Ballet de Ribeira, poñendo o broche de ouro a este curso académico o vindeiro sábado 10 de xuño ás 20 horas no Auditorio Municipal no marco da programación do Xuño da Cultura e as Artes. A concelleira de Cultura, María Sampedro, e a directora da escola, Cristina Riveiro, debullaron este mércores a axenda do acto, no que participarán 35 alumnas de entre 6 e 18 anos do medio cento que acoden cada semana ás clases, amais de tres figurantes convidados: Hugo Penas, Tatiana Esperante e Diego Penas.

Fairy Doll, con música de Josef Bayer e coreografía e libreto de Hoseff Hassreiter, conta a historia dun mozo que traballa nunha tenda de bonecas e dispón de bonecas de diferentes países e unha fermosa fada boneca. Ao final do día, o dono pecha a tenda deixándoa encerrada a unha axudante dentro dela. Cae a noite e o mozo non pode dar creto ao que ven os seus ollos: a fada boneca cobra a vida e coa súa maxia fai que os xoguetes tamén o acompañen.

María Sampedro agradeceu a implicación das nais e pais, especialmente á hora de confeccionar os fermosos vestiarios que levarán os participantes na actuación e tamén puxo en valor unha escola que leva xa máis de 20 anos formando nesta disciplina á veciñanza non só de Ribeira senón de toda a comarca.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...