O músico e cantautor, natural de Aguiño, Xandre Millet, presentará o seu segundo traballo o día 17 de Maio coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas.
Tralo lanzamento do seu primeiro disco Experiencias, o tamén director da Orquesta Sons, presentará o seu segundo disco, Moi Noso, na praza do Concello ás 21.00 horas. Estará arroupado pola súa banda e ademais, anunciou que teñen preparada algunha sorpresa.
Ó remate da presentación, Xandre Millet, asinará exemplares do seu disco a quen estea interesado.