Os tres detidos pola agresión a un home en Ribeira pasarán a disposición xudicial o mércores

23 Maio 2023

Os tres detidos pola súa implicación na agresión cometida contra un home que recibiu varios disparos e puñaladas o pasado domingo en Ribeira pasarán a disposición xudicial á primeira hora do mércores no xulgado de instrución número tres da localidade do Barbanza.
Os tres detidos foron interceptados en Tui e son investigados por tentativa de homicidio e o terceiro por encubrimento.

Foron dous grupos de dominicanos relacionados co tráfico de drogas os que iniciaron a liorta en pleno Malecón da cidade, onde estaba a ter lugar a actuación dun disyóquey. A vítima involucrouse no conflito, xunto a outros magrebís, co fin de socorrer a un compañeiro de traballo.

Segundo fontes da investigación, a inimizade entre as dúas bandas orixinouse por mor da operación que a Policía Nacional de Ribeira levou a cabo en maio do 2021, que acabou con oito detidos e a incautación de 1,4 quilos de cocaína, un quilo de haxix en tabletas e uns 6.000 euros. Un dos arrestados entón sería o mesmo que a noite do sábado disparou a I.F., causándolle importantes danos no fígado e un pulmón. Tamén ten antecedentes o home que presuntamente lle asestou catro puñaladas por detrás, para o que empregou un coitelo que foi atopado na escena do crime, ocorrido na rúa Diego Delicado.

Tal como recollemos en “obarbanza.gal” finalmente deron resultado as pescudas desenvolvidas na dársena de Ribeira polo equipo de submarinistas da Policía Nacional para atopar a arma de fogo supostamente empregada na tentativa de homicidio acontecida na madrugada do pasado domingo na rúa Diego Delicado, moi preto do porto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.