Os socialistas de Ribeira volven pedirlle ao Concello a retirada da central de telefonía do Rueiro (en Palmeira)

10 Maio 2023

O PSOE de Ribeira achegou un solicitude ao Concello no que reitera as súas peticións para proceder á retirada das infraestruturas de telefonía situadas en Palmeira (no Rueiro).

Os socialistas lembran que en febreiro de 2003 aprobouse pola unanimidade da Corporación Municipal de Ribeira unha proposición do PSdeG-PSOE que tiña por obxectivo a realización das xestións oportunas ante Telefónica para o traslado da central telefónica do Rueiro-Banda ao Río, en Palmeira. Recordan tamén que no acordo o alcalde prometera a retirada do dito inmóbel.

Os socialistas fan saber que “coas novas tecnoloxías non se precisa de dita edificación, que está ocupando un espazo público, un terreo integrado no Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ribeira, que por definición constitucional gozan dun carácter inalienábel, imprescriptíbel e inembargábel”.

Porén, indican, “a día de hoxe, no expediente citado, non existe ningunha documentación sobre as xestións prometidas e/ou realizadas polo Concello de Ribeira coa compañía de telecomunicacións
Telefónica, S.A”.

En virtude do exposto, o Grupo Municipal Socialista PSdeG-PSOE, solicita o seguinte:

1.- Que por parte da alcaldía se dea conta das xestións realizadas polos diferentes gobernos municipais do Concello de Ribeira ante a compañía Telefónica, S.A., relativas a promesa realizada polo rexedor sobre o posíbel traslado da central telefónica do Rueiro en Palmeira; e así dar cumprimento ao acordo plenario acadado.

2.- Que se faga (por parte do departamento correspondente), un expediente de recuperación da titularidade dos terreos que ocupa dito edificio da praza do Rueiro (Palmeira), co fin de conseguir que reverta o predio ao patrimonio do Concello de Ribeira, para uso e desfrute dos seus veciños (art. 68, e seguintes, do R.G.L.P., iniciación de oficio).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...