O venres 2 de xuño Heitor Picallo e Alexandra Cabana presentan en Rianxo o seu libro sobre o Castelo da Lúa

29 Maio 2023

O vindeiro venres 02 de xuño presentarase ás 19.00 horas, na Área Recreativa do Paseo Marítimo de Rianxo (a carón do Castelo da Lúa), o libro O Castelo da Lúa. Construción e propiedade ao longo dos tempos, libro editado polo Concello de Rianxo e autoría de Heitor Picallo Fontes e Alexandra Cabana Outeiro. No acto estarán acompañados polo alcalde Adolfo Muíños.

O libro é un percorrido polas orixes e pola historia da dita construción medieval rianxeira, situada no lugar do Pazo, na punta da Torre, tamén coñecida como A Salgueiriña, crese que construído no século XIII por Pai Gómez Chariño, pasando máis tarde a formar parte do patrimonio da Orde do Temple e despois do da arquidiocese compostelá. Foi derrubado polos irmandiños ó redor do ano 1465 e reedificado novamente por Sueiro Gomes de Soutomaior, bisneto do anteriormente mencionado, até que foi esboroado de xeito definitivo en 1480 polo gobernador real Fernando de Acuña.

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.