O PSOE felicítase pola mellora da estrada DP-1105, “unha vía clave para a vertebración do Barbanza”

23 Maio 2023

O PSdG emitiu este martes 23 de maio un comunicado no que analiza os beneficios que vai ter a mellora da estrada DP-1105 anunciada pola Deputación, “unha vía clave para a vertebración do comarca” e máis, en concreto, para as comunicacións entre Noia, Lousame e Boiro. Os socialistas lembran que o pleno da Deputación aprobará este venres un investimento de 923.000 euros para a segunda fase de mellora da estrada nos termos municipais de Boiro e Lousame

A mellora dos primeiros 5 quilómetros ao seu paso por Noia supuxo un onvestimento de 600.000 euros

O secretario provincial e portavoz do PSdeG-PSOE na Deputación da Coruña, Bernardo Fernández, que o pasado mes de febreiro visitou a zona acompañado do alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e do candidato socialista á alcaldía de Noia, Fran Pérez, para interesarse polas necesidades de mellora no vial, anunciou hoxe que a Deputación aprobará no pleno deste venres un investimento de 923.000 euros para continuar as obras de pavimentación da vía nos termos municipais de Boiro e Lousame.

En concreto, as obras darán continuidade ás executadas nos primeiros 5,5 quilómetros da estrada ao seu paso por Noia, chegando ata o punto quilométrico 12+900 (un tramo de 7,5 quilómetros).

“É un novo avance nunha estrada clave nas comunicación da comarca e que rexistra un volume diario de tráfico moi importante”, afirmou Bernardo Fernández, que subliñou o compromiso do Goberno provincial de acometer tamén a derradeira fase de pavimentación da estrada e de mellorar o alumeado e sinalización da vía, así como algún puntos do trazado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...