A Deputación achegará 923.000 euros para continuar mellorando a estrada DP-1105 que une os municipios Lousame, Boiro e Noia

23 Maio 2023

A Deputación da Coruña leva ao pleno do vindeiro venres, 26 de maio, un investimento de 923.074 euros para continuar co pavimentado e coa mellora da vía provincial DP-1105 nos municipios de Lousame e Boiro, incluído no Plan de Vías Provinciais. En palabras da institución que dirixe Valentín González Formoso, “esta estrada é un elemento fundamental nas vertebración das comunicacións da comarca, xa que conecta os concellos de Lousame, Boiro e Noia, polo que rexistra un importante volume de tráfico”.

Google

As obras darán continuidade ás efectuadas nos primeiros 5 quilómetros da estrada e consistirán na renovación da capa de rodaxe do tramo de 7,5 quilómetros da estrada que vai do PQ 5+550 ao PQ 12+990 mediante unha capa de mestura de bituminosa en quente ao longo de toda a plataforma da vía. Inclúese o fresado nas interseccións con outras vías e os tramos de travesías.

Previamente realizaranse as labores de roza e a apertura e limpeza de beiravías.

Por último, inclúese a reposición das marcas viarias de eixo, os bordos, os pasos de peóns, así como as unidades de sinalización.

Outros artigos

PSdG e Marea de Noia levan o Orzamento local ao Xulgado

Manuel Seijas da Marea de Noia e Francisco Pérez do Partido Socialista veñen de anunciar que presentaron recurso ante Xulgado do Contencioso Administrativo contra a aprobación final do Orzamento local relativo ao ano 2024. Segundo o voceiro do PSdG -PSOE de Noia...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...