O Concello de Cambados e Amicos asinan un acordo para favorecer a integración laboral das persoas con capacidades diversas

05 Maio 2023

A asociación barbanzá Amicos asinou na mañá deste 5 de maio un convenio de colaboración para a cesión dun espazo físico co Concello de Cambados. Grazas a esta alianza, a asociación poderá atender e apoiar a persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión social, residentes no dito concello arousán ou arredores, con dificultades para acceder ao mercado laboral.

O tenente de alcalde e concelleiro de sanidade de Cambados, Constantino Cordal, xunto con Keltoi Cameán, coordinador de orientación laboral de Amicos, asinaron o acordo polo que a Administración local cede á entidade un local no municipio para a atención ás persoas con capacidades diversas ou en risco de exclusión social, ás que ofrece un servizo de orientación laboral.

Este convenio, sinalaron, ten por obxecto “establecer unha colaboración entre ambas entidades para desenvolver accións de cara a promocionar a integración social e laboral das persoas con discapacidade, mellorando a súa empregabilidade mediante asesoramento e a formación axeitada, ademais de realizar un labor de sensibilización no municipio sobre a necesidade de integrar socialmente ás persoas con discapacidade”.

Constantino destacou que con esta colaboración do municipio “damos un paso máis na necesaria inclusión das persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, que suman neste colectivo un novo referente”. O tenente alcalde apuntou que “Cambados debe ser un concello inclusivo e accesíbel”.

Pola súa banda, Keltoi agradeceu a colaboración do Concello que se suma a outras localidades onde xa está a actuar Amicos, e que significa “o asentamento na comarca do Salnés do departamento de Emprego de Amicos e así lograr dar apoio as persoas con discapacidade”. E engadiu: “Esperamos contar co apoio das organizacións e empresas da contorna para seguir desenvolvendo este proxecto de emprego verde e inclusivo que tamén ofrecen as nosas Ecobrigadas”.

Na sinatura estivo tamén presente Amara Insua, orientadora de Amicos, que se encargará de
orientar, informar e asesorar na procura de emprego e formación, elaborando un perfil profesional e un diagnóstico ocupacional. Ademais, creará para os usuarios do servizo uns itinerarios personalizados de inserción para que estes poidan conseguir o seu obxectivo, que non é outro que acceder a un posto de traballo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.