Noia acolle este 17 de maio a final da Copa Galicia

15 Maio 2023

A alameda de Noia acolleu esta finde a presentación da final da Copa Galicia, que se disputará no Pavillón Agustín Mourís este mécores 17, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. Os detalles do evento foron dado a coñecer polo alcalde Santiago Freire, a concelleira de Deportes, Laura Salgado, o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, o presidente do Comité de Fútbol Sala, Pablo Prieto, e polo presidente do director deportivo do Noia Portus Apostoli FS, Javier Barreiro.

No marco da Copa Galicia, o equipo local (Portus Apostoli) xogará polo título contra o CD Lugo Sala, campión do grupo 1 da Segunda División B. A festa do fútbol sala masculino en Galicia será como dixemos este mércores ás 19.00 horas, coincidindo coa celebración do Día dás Letras Galegas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.