Municipais 2023: Pontón destaca en Rianxo os concellos BNG “que apostan sempre polo local, por crear industria e polo dinamismo económico”

23 Maio 2023

A portavoz nacional, Ana Pontón, estivo presente hoxe en Rianxo acompañando ao candidato do BNG á súa Alcaldía, Xusto Ordóñez, nunha visita á empresa D-Due, “todo un símbolo da capacidade que ten este País, dende Rianxo, dende Galiza, de traballar desde aquí para todo o mundo”, remarcou.

Pontón puxo en valor “a candidatura renovada” que encabeza Xusto Ordóñez, “un home que ten Rianxo no corazón, que coñece moi ben o concello e ten capacidade de impulso” e amosouse “convencida” de que Ordóñez “será o mellor alcalde de Rianxo” despois da cita coas urnas o vindeiro 28 de maio.

A líder do BNG subliñou a transformación que o modelo do BNG para os municipios xera nos concellos onde goberna, como é o caso dos últimos doce anos en Rianxo “porque, dende o punto de vista económico, estamos no mandato que lle deu o impulso máis importante a Rianxo, con todas as apostas que se fixeron para que aquí se instalen empresas, até que chegou o BNG Rianxo tiña un polígono industrial sen suficiente dotación para ser atractivo”.

Pontón destacou como Rianxo “soubo investir e conseguiu atraer a numerosas empresas da alimentación para que hoxe asenten aquí e garantan que nos seguintes anos este sexa un dos concellos máis punteiros da comarca, iso é un sinal de identidade do BNG”, valorou.

A portavoz nacional puxo en valor a capacidade do Bloque “en apostar sempre polo local alá onde goberna, por crear industria, polo dinamismo económico, e Rianxo é un exemplo desa capacidade, un exemplo que ten que continuar”. E salientou a mellora da calidade de vida ao longo destes últimos doce anos neste concello grazas ao dinamismo económico e industrial propiciado polo goberno municipal do BNG.

“Quero facer un chamamento a todos os veciños e veciñas a que collan a papeleta do BNG para que Rianxo siga avanzando”, emprazou a líder do Bloque, que convidou á cidadanía rianxeira “a seguir camiñando cunha candidatura renovada para dar a Rianxo un futuro mellor”. Colocou ao BNG como a candidatura “que garante que Rianxo siga a progresar, que fará que este concello siga tendo moito máis futuro e que non se bote atrás o feito ao longo destes doce anos”, concluíu.

Xusto Ordóñez: “O BNG conseguiu que as empresas ocuparan todo o polígono industrial de Rianxo”

O candidato do BNG á Alcaldía, Xusto Ordóñez, valorou que empresas como D-Due se instalen en Rianxo nun polígono “no que cando o BNG chegou ao goberno estaba estartelado, con roubos de cobre, sen saneamento e abastecemento. Fixémolo e en dous anos ocupamos todo o seu espazo”, explicou.

Ordóñez puxo de exemplo “a implicación” do Bloque na economía municipal e como Rianxo  se acolleu á figura do Concello Emprendedor, “a través da cal conseguimos que toda empresa en Rianxo teña descontos en IBI e de ICIO o 95%”, declarou, e remarcou a aposta que o BNG fai dende a Alcaldía “falando coas grandes empresas de alimentación  que van traer a Rianxo 800 postos de traballo, a maior parte femininos”.

Un eido, o do feminismo e emancipación da muller, no que o BNG traballa en Rianxo para ofrecer unha futura gardería municipal “que facilite a conciliación, porque apostamos por un municipio que pense en feminino”, subliñou Ordóñez. Un avance ao que se lle suma, no ámbito forestal, a futura base comarcal antiincendios que se instalará, tamén, neste municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...