Moura organiza o 7 de maio unha xornada para informar da súa actividade e fomentar adopcións (haberá sorteos e sorpresas)

01 Maio 2023

A Asociación Protectora de Animais Moura, con sede na Pobra do Caramiñal, vai organizar este mes de maio unha actividade para recadar fondos a prol dos animais e fomentar as adopcións. A cita será este domingo 7 de maio, nos Xardíns Valle-Inclán da Pobra, onde estará habilitado o posto informativo e solidario para, tamén, dar a coñecer o importante traballo despregado pola protectora no concello e na comarca. “Para levar a cabo esta xornada”, informan, “pedimos ao comercio local que contribuíran coa nosa causa facendo doazóns dos seus produtos, para os cales levaremos a cabo unha serie de sorteo”. O resultado será un mercadiño solidario no que participan de xeito desinteresado establecementos como El Salón (A Pobra), Foto Ríoss, Centro de Bienestar Fervenza (Noia) e Carolina Castelo (A Pobra).

Dende Moura agradecen o labor e compromiso dos locais colaboradores, que, unha vez máis, “envorcaron esforzos coa nosa causa de xeito masivo”.

E engaden: “Convidamos a toda a veciñanza a que se achegue e nos tenda unha man. Teremos todo tipo de produtos, dende óptica, tratamentos de beleza, roupa, produtos  para as mascotas, nenos, mercería, gastronomía, bonos de clases particulares e moito máis”. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...