María Canosa presenta na Pobra o libro co que gañou o V Premio Carlos Mosteiro

12 Maio 2023

A escritora María Canosa (Cee, 1978) presentou na Pobra o obra coa que se impuxo na quinta edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro: Teño un volcán dentro. A novela plasma a historia dun rapaz coa síndrome de Asperger que chega a un novo centro educativo e narra o seu proceso de integración, ademais da adaptación do seu círculo próximo á situación.

Ao abeiro da programación do Maio das Letras Galegas, na mañá deste día 12 efectuouse a entrega da distinción no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal da man da concelleira da Cultura, Patricia Lojo; o director de edicións de Galaxia, Marcos Calveiro; e Encarna Pego, no nome da A. C. Barbantia. Así mesmo, procedeuse coa presentación da obra ante alumnado do 5.º e 6.º curso do CEP Salustiano Rey Eiras.

O nome da autora súmase á listaxe de galardóns do referido certame literario nas convocatorias previas: Patricia Mallo, con Os Fantom; Xosé Antonio Neira Cruz, con O enigma do baúl pechado; a terceira edición quedou sen adxudicar, por se estimar que ningún dos textos acadaba a suficiente calidade literaria; e repetiu novamente Neira Cruz con Por mor de cinco pizzas aos catro queixos.

O premio supón unha dotación económica de 3000 euros, a publicación na colección Árbore da Editorial Galaxia e a distribucin de exemplares entre a rapazada pobrense para así inculcar o hábito lector nas xeracións máis novas.

Convocado polo Concello da Pobra do Caramiñal, a Editorial Galaxia e a Asociación Cultural Barbantia, eríxese como un referente no panorama galego que busca promover os autores e autoras en lingua galega de literatura infantil, así como homenaxear o escritor Carlos Mosteiro.

Sinopse

Miguel observa o mundo con ollos comúns, pero ten unha mirada diferente. A súa cabeza procesa as cores, os números e a música dun xeito especial. Quen o rodea é consciente do extraordinario do seu interior.
Miguel sente que baixo o peito algo estoupa.
Ten un volcán dentro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...