José Ramón Romero inaugura unha nova formación de Amicos no Centro Social de Boiro

09 Maio 2023

Amicos iniciou esta na mañá deste 9 de maio o curso Atención á Clientela, pertencente ao seu programa Máis Emprego, que desenvolve co apoio de Fundación La Caixa e o Fondo Social Europeo, no Centro Social do Concello de Boiro. O acto contou coa presenza de José Ramón Romero García, alcalde de Boiro.

A formación vai dirixida a persoas desempregadas con discapacidade ou en risco de exclusión social, o curso no que participan 15 alumnos e alumnas terá unha duración de 40 horas na modalidade presencial, durante o mesmo terán a posibilidade de aprender e desenvolver tarefas enfocadas no sector comercio, sendo Boiro uno dos puntos da comarca referentes deste sector.

A empresa Ara Formación é a encargada de impartir a ensinanza, a cal permitirá achegar aos participantes ao mercado laboral.

Romero fixo fincapé na importancia de que se leven a cabo iniciativas como esta e felicitou o traballo da Asociación Amicos neste eido. “A formación para o emprego é fundamental para adquirir novas habilidades e actualizar coñecementos polo que agardo que saquedes o máximo rendemento a esta formación e que moi axiña esteades traballando nalgún comercio do municipio”.

Tamén estivo presente Francisco Ríal, xerente de Ara Formación, que animou aos participantes ao mesmo tempo que quixo lembrar que “debedes aproveitar este tipo de formacións e sacarlle o maior proveito, formarse é sempre crecer, tanto a titulo académico como persoal”. Ademais agradeceu á Asociación Amicos que sigan apostando por eles para impartir este tipo de actividades.

Doutra banda, Keltoi Camean, coordinador da área de Alianzas e Emprego de Amicos recalcou que “dende Amicos apostamos pola empregabildiade das persoas con discapacidade e/ou en exclusión social buscando sempre opcións formativas que se adapten á realidade do sector do comercio en Boiro. Agradecemos o apoio institucional que reforzará a motivación dos e das 15 alumnos e alumnas do Concello”.

Entre os asistentes tamén estiveron Rosa Agrelo, técnica de Amicos no programa Más Empleo, que animou a todos os alumnos e alumnas para que finalicen a formación con éxito, e dixo que “seguro que grazas a ela facilitarémosvos un pouquiño máis o acceso ao mercado laboral”.

Outros artigos

Na Pobra, o Museo Valle-Inclán acolle a maqueta do Santa Isabel

Este venres, día 18 de setembro, tivo lugar na Sala de Iconografía do Museo Valle-Inclán a rolda de prensa para presentar a nova exposición temporal da maqueta do buque Santa Isabel, afundido o 2 de xaneiro de 1921 nas costas de Sálvora (Aguiño), e que poderá...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.