Fran Campos e Bandullo Azul achegan este sábado unha sesión de monicreques no Lustres Rivas (Ribeira)

04 Maio 2023

O Concello de Ribeira informou do inicio das actividades do Maio Cultural, que traerá unha manchea de contos narrados para toda a familia nos sábados pola mañá. O espectáculo Filipa cos contos, con Fran Campos da compañía Bandullo Azul, abre esta liña de actividade. Será unha función de de narración oral con monicreques para nenos e nenas de 3 a 12 anos e as súas familias. Celebrarase este sábado 6 de maio ás 12.00 horas no Centro Cultural Lustres Rivas. As inscricións deberán ser formalizadas a través da conta normalizacion@ribeira.gal.

Sinopse

O espectáculo é unha sesión filipante de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e humor repártense entre os dous contadores que soben a escena: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional: a súa experiencia. Pero ollo, que non son uns contos calquera. Entre eses contos haberá tamén historias cantadas. Haberá historias e xogos de palabras feitas cancións. Historias non só do noso entorno máis próximo, senón tamén doutras terras. Contos filipantes, acompañados dunha guitarra. Fran Campos e Filipa, os dous e cadaquén ao seu xeito, farán posible unha sesión para todos os públicos. Tanto nenas e nenos como maiores poderán gozar, aprender, reflexionar… desde as súas distintas visións dos contos populares.

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.