En Ribeira denunciadas dúas alcolemias e un condutor sen carné na pasada fin de semana. Volcados 15 maceteiros das rúas Rosalía de Castro e Galicia

01 Maio 2023

A Policía Local de Ribeira informa de que con motivo dun control preventivo de alcolemia
realizado a pasada madrugada na festa do ascenso que se celebrou na Fieiteita, ás 3.30 horas deuse o alto a unha conductora de 32 anos que arroxou sendos resultados de 0,94 e 0,85 miligramos de alcohol
por litro de aire espirado. Foi citada para mañá a xuízo rápido por un presunto delito contra a seguridade viaria. Ademais, nesa mesma madrugada, ás 3.05 horas, foi denunciado administrativamente un
condutor por superar o dobre da taxa límite de alcol, cunha multa de 1.000 euros e a perda de 6 puntos no carné de conducir.

En torno ás 3.40 horas do sábado ao domingo tamén foi sorprendido un veciño do municipio de 40 anos conducindo sen o correspondente permiso por perda total de puntos, polo que foi citado a un xuízo
rápido para mañá.

Maceteiros
Por outra parte, esta madrugada foron volcados 15 maceteiros das rúas Rosalía de Castro e Galicia. A Policía Local está a efectuar as investigacións oportunas para tratar de esclarecer a identidade dos
vándalos.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...