Novamente o Concello de Rianxo organiza este verán unha actividade integral de lecer para favorecer a conciliación das familias, a actividade laboral das nais e os pais e as alternativas lúdicas para a rapazada. Trátase do Campamento de Verán, que inclúe un servizo para madrugadoras/es que achega un extra de facilidades en materia de conciliación. Realizarase do 3 de xullo ao 25 de agosto, en horario de 10.30 a 13.30 h. Contará, como dixemos, con Plan Madruga dende as 08.00 h.
As instalacións nas que se vai desenvolver son o IES Félix Muriel de Rianxo, no CEIP Ana Mª Diéguez de Asados e no CEP Brea Segade de Taragoña.
Toda a información e inscricións, a partir do luns 28 de maio.
