Presentación da actividade, diante do hórreo do parque da Casa da Cultura Manuel Ayaso de Aguiño, están de esquerda a dereita; Unai González, Moncha Sampedro, Rosa Millet, Teruca e Carmen Sampedro e co cartel, a presidenta Elvira Pisos acompañada de Josefa Suárez.
En Aguiño a asociación Francisco Lorenzo Mariño celebrará o DÍA DAS LETRAS GALEGAS o 17 de maio, mércores, no marco do Maio Cultural do pobo este ano 2023.
Trátase dunha xornada con inchables con refrescos e bebidas gratuítas para os cativos a partir das 16:30 e ata as 19 h no parque da parte traseira do edificio do conservatorio de Aguiño; tamén haberá unha xornada de debuxo infantil, no propio local, de 17 a 21 h, donde a cada neno e nena participante se lle entregará un agasallo conmemorativo do día das letras dedicado este ano a Francisco Fernández del Riego e unha rifa para un sorteo de varios lotes de libros en galego que se realizará antes do espectáculo que empezará ás 19:15 h, a cargo de Peter Punk con “Peor Imposible!”, un espectáculo de humor, malabares, clown, circo na rúa e moita retranca a cargo deste coñecidísimo artista galego.
Todo está organizado pola entidade coa colaboración do Concello de Ribeira, a Deputación da Coruña e de varias empresas do pobo. Tamén farase unha xornada de portas abertas da Biblioteca Popular Francisco Lorenzo Mariño para que calquera consulte un libro ou leve en préstamo o que queira dos máis de 3.000 exemplares coas que conta.