Comezou a conta atrás para un dos grandes eventos culturais da nosa comarca: o festival de cinema Olloboi, con sede en Boiro, impulsado polo colectivo docente e escolar local e capitaneado por Ana Moreiras e Sara Hermo (en colaboración co Concello). Celebrarase entre o 22 e o 26 de maio e segundo confirmou os días pasados a o organización, está prevista a participación de 150 escolares de diversos centros. Temos toda a información do certame na web www.olloboi.com. Un dos intres culminantes, a gala de premios, está programada para o día 26. Será nun escenario de película: o Pazo de Goiáns.

Pechado o prazo de inscrición, a organización anunciou que son 111 as curtametraxes que concorren no festival, procedendo unha parte importantes das mesmas dos 55 centros educativos que participan nesta convocatoria.
O xurado estará integrado polos profesionais do sector audiovisual Sandra Montes, Juan Galiñanes, Lucía C. Pan, Suso López, Lucía Estévez, Leti Blanco, Noemí Chantada, Óscar Pardo, Fon Cortizo, Toño Chouza, Miguel de Lira, Fede Pérez, Quique Otero, Lorena Vilas, Pablo Fontenla, Sabela Hermida, Olaia Sánchez, Luis Avilés, Arantxa R. Ponte, Jorge Rivero, Marta Ríos, Andrés Goteira e Lidia Veiga

As persoas gañadores de todas as categorías recibirán un trofeo. Tamén haberá premios especiais para os vencedores na sección de maiores de 18 anos: a asistencia a unha rodaxe. Na modalidade Peque, agasallarase aos novos talentos cun concerto no colexio. Por último, quen se impoña na categoría Zamburriori poderá participar nunha charla a cargo dun cineasta e recibirá un lote de libros de Aira Editorial.
“Olloboi da este ano un salto cualitativo xa que vai a durar oito días e a programación é moito mais completa ao incluír presentación de libro, proxeccións, encontros coa xuventude…”, afirmou Ana Moreiras, organizadora do festival, na presentación do mesmo.
“Este ano introducimos tamén unha colaboración con todos os centros educativos de Primaria e Secundaria do municipio para facer unha curta por cada centro educativo e que se proxectarán no Pazo de Goiáns”, afirmou Sara Hermo.
A concelleira de Cultura, María Outeiral, resaltou o gran traballo que realizan dende o equipo de Olloboi en colaboración cos cómplices para levar a cabo un festival como este que “que vai a mais cada ano, cada vez conta con máis participación e que leva a cultura e o mundo audiovisual aos centros de ensino e aos nosos rapaces e rapazas e pon a Boiro no mapa do audiovisual”



