Cáritas advirte sobre a aparición de “camas quentes” e “pisos pateras” na diocese de Santiago. Mais de 47.300 persoas foron beneficiarias da atención da ONG católica

24 Maio 2023

A ONG católica presentou o balance do ano pasado de actividades das que destacan que un total de 47.323 persoas foron as beneficiarias da atención practicada.

Na Memoria 2022 de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela reflíctese o traballo desenvolvido do que se beneficiaron un total de 47.323 persoas, e reflíctese o exercicio económico que alcanzou un resultado positivo de 223.366 euros. No informe, que foi presentado durante un acto que presidiu monseñor Julián Barrio arcebispo emérito e Administrados Apostólico de Santiago, recóllense datos, documentos e resultados que dan conta do traballo realizados pola institución para atender ás persoas máis necesitas.

Acompañamento
Monseñor Barrio na súa presentación lembraba que “na información que se incorpora dáse conta da evolución que tivo Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela no último exercicio que foi moi difícil a todos os niveis. Estes datos son un fiel reflexo do acompañamento e a axuda levada a cabo coas persoas máis vulnerables”.

Para o arcebispo “Caritas conleva esforzos, entrega e traballo, sabendo que as persoas que nela traballan comprométense cun servizo voluntariamente ofrecido”. Insistiu en que “é o traballo de miles de persoas que tentan coas súas achegas paliar o sufrimento e as necesidades dos máis vulnerables cuxo número se incrementou de maneira alarmante nos últimos tempos”.
Na Memoria menciónase o longo camiño percorrido polo actual equipo directivo de Cáritas. Todo se remonta ao verán de 2010 cando un equipo de voluntarios facíase cargo de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela. Daquela permanente, órgano executivo da entidade, quedan Jesús García Vázquez (delegado episcopal); José Anuncio Mouriño Raño (director diocesano) e Javier García Sánchez (director adxunto e comunicación) .

Os directivos levaron a cabo un importante traballo e tiveron que superar dificultades. Lembramos dous das realizacións de maior calado que levaron a cabo durante estes anos: o Regulamento de Réxime Interno, e os diversos actos cos que se conmemoraron os 50 anos de Cáritas Diocesana de Santiago.

Outros artigos

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

+

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.