As alumnas do Programa Integrado de Emprego de Boiro e A Pobra finalizan a formación en operacións básicas de caixa

08 Maio 2023


As alumnas participantes no Programa Integrado de Emprego 2022/2023 dos Concellos de Boiro e A Pobra recibiron formación dentro do sector do comercio e remataron un curso formativo en Operacións básicas de caixa.

Esta formación, de 15 horas de duración na que participaron un total de 15 alumnas, tivo como finalidade adquirir competencias e coñecementos para realizar xestións e operación de cobro de pagos empregando diferentes sistemas comerciais que esixen na actualidade.

A formación impartiuse ao abeiro do Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro 2022-2023 que se realiza, como dixemos, de xeito entre conxunto entre os Concellos de Boiro e A Pobra do Caramiñal e está dirixido exclusivamente a mulleres. O Programa está financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a través dos fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.