Arranca o Maio das Letras Galegas cunha exposición pictórica do CEP Pilar Maestú Sierra

11 Maio 2023

Máis de 90 ilustracións penduran nas paredes da Casa da Cultura Raquel Fernández Soler. Trátase dunha exposición que chega da man do CEP Pilar Maestú Sierra baixo o título Que grandes artistas as nosas cadrechiñas e cadrechiños! Homenaxe ós/ás ilustradores/as de contos infantís que inaugura a programación do Maio das Letras Galegas da Pobra do Caramiñal.

Alumnado do colexio asistiu na mañá deste 11 de maio á apertura da mostra que comezou ao son da gaita, cunha melodía interpretada por Antón Ferreiro, de quinto curso.

Esta exhibición pictórica ofrece reproducións de obras que ilustran contos infantís e xuvenís como, por exemplo, Elmer, Harry Potter, Oliver y su pandilla, La dama y el vagabundo ou 101 dálmatas, entre outros moitos. A este respecto, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, agradeceu o dinamismo da comunidade educativa e a súa implicación para achegarlle a arte á rapazada a través da experiencia.

Carla Fernández, de sexto curso, falou en representación da rapazada, para destacar a relevancia desta actividade da que son protagonistas.

Tamén tomou a palabra María Mariño como integrante do profesorado que forma o proxecto Little artists, xunto con Angharad Collazo e Andrea Morales. Dirixíndose ás crianzas, afirmou que o feito de que a Casa da Cultura acolla estes debuxos demostra que “oficialmente sondes grandes artistas.” Un orgullo ao que se sumou a directora do centro de ensino, Silvia Folgueira, quen fixo fincapé na importancia de facer equipo.

As visitas poden efectuarse ata 7 de xuño, de luns a venres, en horario de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.