Amicos e Properdis convocan a primeira edición dos Premios ás Boas Prácticas en Contratación Responsábel

11 Maio 2023

Properdis e Servinserta, as empresas sociais da marca Amicos.org, veñen de lanzar a primeira edición dos Premios ás Boas Prácticas en Contratación Responsábel, co obxectivo de “recoñecer e dar visibilidade ás administracións públicas e empresas que impulsan o desenvolvemento da compra ou contratación público-privada socialmente responsábel”. Neste sentido, Amicos.org busca identificar as administracións e empresas galegas con maior impacto na mellora das condicións de integración social e laboral das persoas en risco de exclusión.

Ademais, con esta iniciativa quérese favorecer a contratación responsábel para impulsar a redución das desigualdades sociais, a inclusión e a creación de emprego en Galicia. Así mesmo, búscase potenciar a sensibilización para as contratacións socialmente responsábel en Galicia. “Desde Amicos sabemos que a acción máis pequena é mellor que a intención máis grande”, recoñeceu o director de Amicos, Xoán España, engadindo que “por iso lanzamos este proxecto pioneiro en Galicia que xorde da necesidade de impulsar ás empresas que facilitan a inserción sociolaboral das persoas con discapacidade”, explicou.

“Desde a oficina de contratación responsábel poñemos o foco en crear e manter o emprego das persoas con discapacidade impulsando a contratación tanto no ámbito público como privado”, destacou o director de Amicos.

Categorías dos premios

Estes galardóns están dirixidos a organismos e organizacións con domicilio fiscal ou social en Galicia e contan coas seguintes categorías:

-Administracións Públicas: Autonómica, Provincial, Concellos de máis de 20.000 habitantes e Concellos de menos de 20.000 habitantes.

-Empresas: pequenas, medianas e grandes empresas.As candidaturas poden presentarse a través da web do proxecto Oficina de Contratación Responsábel na seguinte ligazón ata o día 9 de xuño.

O xurado que fallará o resultado estará composto por persoas relevantes nos seus ámbitos profesionais e persoais tanto das administracións públicas como de entidades privadas (sen participar nas súas categorías respectivas), e por membros da Asociación Amicos.

Determinaranse tres finalistas por categorías e os premiados daranse a coñecer nun acto público de entrega de premios que se celebrará en xuño. Para calquera dúbida pódese consultar no seguinte enderezo: info@oficinacontratacionresponsable.com

Premio Recoñecemento Sobresaliente
Ademais, Properdis e Servinserta concederán un premio honorífico dirixido a aquela persoa, empresa ou administración pública que destaque pola súa iniciativa emprendedora e a súa traxectoria profesional no eido da responsabilidade social.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.