Abastos da Pobra participa novamente na campaña internacional Quere o teu mercado

30 Maio 2023

O Concello da Pobra informou do inicio, un ano máis, da campaña internacional Quere o teu mercado, á cal súmase novamente a Praza de Abastos da Pobra do Caramiñal. Esta iniciativa busca pór en valor o papel dos mercados municipais como axentes revitalizadores que lle ofrecen á clientela unha cesta da compra sinónimo de calidade con atención personalizada. Deste xeito, foméntase o consumo do produto de proximidade, o cal redunda na dinamización económica de cada municipio.

A este respecto, a concelleira da Promoción Económica en funcións, Charo Varela, anuncia que a Administración local colabora outro ano con esta campaña. Así, no 3 de xuño haberá na propia praza un obrasdoiro-demostración (showcooking) a cargo do cociñeiro pobrense Jaime Chouza, aproveitando a afluencia de xente ao se tratar dun sábado. Desenvolverase dende as 11.30 ata as 13.00 horas e non require a inscrición previa.

A dita actividade enmárcase no programa que impulsa a Dirección Xeral de Comercio e Consumo co obxectivo de apoiar, promocionar e visibilizar os mercados, os/as profesionais que traballan neles e a creación de novos negocios para a revitalización do sector do comercio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.