A Xunta realiza diversas actuacións preventivas nos montes do distrito IV – Barbanza

11 Maio 2023

A Consellería do Medio Rural levou a cabo diversos traballos preventivos no distrito forestal IV – Barbanza, no concello de Padrón, que consistiron fundamentalmente na roza de faixas auxiliares e da plataforma de pistas forestais co fin de protexer os montes contra os incendios forestais. Realizáronse en terreos de xestión pública e en zonas de alto risco de incendio (ZAR). 

Desta forma, para a roza de faixas auxiliares utilizouse maquinaria de brazo en ambas marxes. Por outra banda, para a roza de plataforma de pistas forestais traballouse con maquinaria de cadeas, con varias pasadas, para que o mato quedase perfectamente cortado e triturado. Deste xeito, mellóranse as vías de comunicación xa existentes ao monte, o que facilita o acceso do dispositivo de loita contra incendios. Como resultado final destas accións preventivas, actuouse en preto de 70 hectáreas de superficie dos distintos montes das parroquias de Herbón, Iria, e Carcacía.

Estes traballos enmárcanse no Plan preventivo da Consellería do Medio Rural. Cabe lembrar que no aprobado para o período entre abril de 2023 e marzo de 2024, prevese actuar en cando menos unhas 60.000 hectáreas de terreo e nuns 5.600 km de pistas forestais e outras vías, ademais de en case 4.840 puntos de auga, entre creación de puntos novos e mantemento dos existentes. O Plan contará cun orzamento de case 38,8 millóns de euros, máis dun 17% de aumento con respecto ao de 2022.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.